O termo «natureza» fai referencia aos fenómenos do mundo físico, e tamén á vida en xeral. From Wikiquote, the free quote compendium
A expresión naturezaaplícase a todo aquilo que ten como característica fundamental o feito de ser natural: ou sexa, implica todo o ambiente existente que non tivo intervención do home.
"Eu non teño filosofía; teño sentidos...
Se falo da Natureza non é porque saiba o que ela é,
Senón porque a amo, e ámoa por iso
Porque quen ama nunca sabe o que ama
Nin sabe por que ama, nin o que é amar...
Amar é a eterna inocencia,
E a única inocencia é non pensar..."
- Fernando Pessoa como Alberto Caeiro no poema O Guardador de Rebanhos
"Na natureza non existen nin premios nin castigos. Existen consecuencias!"
- In nature there are no rewards or punishments; there are consequences.
- James McNeil Whistler, citado en Collins quotation finder - Páxina 472, de HarperCollins (Firm), Collins UK - Publicado por HarperCollins, 2001, ISBN 0-00-712184-9, 9780007121847 - 829 páxinas
"Non existe na natureza unha igualdade de dereito, e xamais unha igualdade de feito".
- Il n'y a dans la nature qu'une égalité de droit, et jamais une égalité de fait.
- Guilherme Thomas François Raynal; "Histoire philosophique et politique des établissemens et du commerce des Européens dans les deux Indes", Tomo 9, páxina 95; Por Raynal (Guillaume-Thomas-François), Antoine Jay; Publicado por A. Costes, 1820
"Nada lle pasa ao home que a súa natureza non sexa capaz de aturar."
- Adopt the pace of nature: her secret is patience.
- Emerson's complete works [ed. by J.E. Cabot]. Riverside ed - páxina 152, Ralph Waldo Emerson, James Elliot Cabot, Edward Waldo Emerson - 1883
"Verde que te quero verde.
Grandes estrelas de xeada
nacen co peixe de sombra
que rasga o camiño da alba.
A figueira raspa o vento
a lixalo coas ramas,
e o monte, gato salvaxe,
eriza as piteiras ásperas."
- Federico García Lorca; Romancero gitano (1924-1927) - páxina 30, Federico García Lorca - Editorial moderna, 1935 - 149 páxinas
"Só se pode vencer a natureza obedecéndoa."
- We can only conquer nature by first obeying her.
- Francis Bacon citado en "Prophecy of Francis Bacon, 1560-1910" - maio 1910 - Páxina 495, Popular Science - Vol. 76 - 102 páxinas
"A natureza é a que te convida e te ama; mergúllate no seo que ela sempre che ofrecerá."
- La nature est là qui t'invite et qui t'aime. Plonge- toi dans son sein qu'elle t'ouvre toujours.
- Méditations poétiques - Páxina 28, Alphonse de Lamartine - au dépôt de la Libr. grecque-latine-allemande, 1820 - 126 páxinas
"Antes ser un home da sociedade, o son da natureza."
- Je suis l'homme de la nature, avant que d'être celui de la société
- La nouvelle Justine ou Les malheurs de la vertu: Ouvrage orné d'un frontispiece et de 40 sujets gravés avec soin: Volume 2 - Páxina 108, Sade (marqués de) - 1797
"Aquilo que o home uniu, a natureza non consegue separar."
- What man has joined, nature is powerless to put asunder
- Aldous Huxley en: "Brave New World: A Novel" - Páxina 23; de Aldous Huxley - Publicado por Doubleday, Doran, 1932 - 311 páxinas
"Se a natureza non é contra nós, tampouco é por nós."
- Dans tout ce que la nature opère, elle ne fait rien brusquement
- Fonte: Filosofia Zoológica; Philosophie zoologique, ou Exposition des considérations relatives à à l'histoire naturelle des animaux ... - v.1, Páxina 80, de Jean Baptiste Pierre Antoine de Monet de Lamarck - Publicado por G. Baillière, 1830
"A natureza do mundo está sempre mudando, ou é a verdadeira natureza que triunfa sobre a aparencia?"
- "Resultados de Sessenta Anos de Trabalho Para a Criação de Novas Espécies de Plantas Frutíferas"
"A sabedoría da natureza é tal que non produce nada de superfluo ou inútil."
- Nicolao Copérnico citado en "Humanidades: Edições 10-15" - páxina 33, Editora Universidade de Brasília, 1986
"Cada ramo brillante do piñeiro, a penumbra do denso monte, a seiva que percorre o corpo das árbores, cada clareira e cada insecto zoando son sagrados na memoria e na consciencia do meu pobo."
- Un xefe da tribo Seattle, en 1854
"Trate ben a Terra. Esta non lle foi doada polos seus pais, foi emprestada para os seus fillos."
"Ningún home recibiu da natureza o dereito de comandar os outros."
- Aucun homme n'a reçu de la nature le droit de commander aux autres
- "Autorité" en: "Œuvres de Denis Diderot", Volume 13 - Páxina 386, Denis Diderot, Jacques André Naigeon - J.L.J. Brière, 1821
"A natureza é impersoal, amoral, imperfecta, e, en moitos contextos, ou na maioría deles, incognoscíbel!"
- Valentim, Oséias Faustino. Protesta Poeta! Poeta Protesta!. p.132. São Paulo: All Print, 2011. 140 p. ISBN 978-85-7718-887-1
"Ése orgulloso por natureza, modesto por necesidade".
- On est orgueilleux par nature, modeste par nécessité
- En vrac, notes: notes - Páxina 19, de Pierre Reverdy - Publicado por Éditions du Rocher, 1956 - 243 páxinas
"O maior logro científico deste século tan fértil no campo da ciencia é o descubrimento de que somos sumamente ignorantes; sabemos moi pouco da natureza e comprendemos moito menos".
“Máis ben que aceptar a probabilidade fantasticamente pequena de que as forzas cegas da natureza produciran a vida, parece mellor supoñer que a súa orixe se deba a un acto intelectual deliberado”.
"Non nos preguntamos que propósito útil hai no canto dos paxaros, cantar é o seu desexo desde que foron creados para cantar. Do mesmo xeito non debemos preguntarnos por que a mente humana se preocupa por penetrar os secretos dos ceos... A diversidade dos fenómenos da Natureza é tan grande e os tesouros que encerran os ceos tan ricos, precisamente para que a mente do home nunca se encontre carente do seu alimento básico."
“Para mortificación súa, [os científicos] non teñen resposta clara, porque os químicos nunca lograron reproducir os experimentos da natureza sobre a creación da vida desde materia inanimada. Os científicos non saben como sucedeu iso”.
"Unha interpretación con xuízo dos feitos indúcenos a pensar que un superintelecto interviu na física, na química e na bioloxía, e que na natureza non hai forzas cegas dignas de mención. As cifras obtidas a partir dos feitos me parecen tan rotundas que converten esta conclusión en case incuestionable".
«No medio de todas as revolucións do mundo, a economía da natureza permaneceu uniforme, ... e as súas leis son as únicas cousas que resistiron o movemento xeral. Os ríos e as rochas, os mares e os continentes, cambiaron en todas partes, pero as leis que dirixen eses cambios, e as regras ás que están sometidos, mantivéronse invariablemente iguais».[2]
John Playfair (10 de marzo de 1748 - 20 de xullo de 1819), matemático inglés.