Map Graph

Valle de Cuelgamuros

conxunto arquitectónico monumental en San Lorenzo de El Escorial

O Valle de Cuelgamuros, anteriormente Valle de los Caídos, é un monumento funerario situado na serra de Guadarrama, no municipio de San Lorenzo de El Escorial, na Comunidade de Madrid. Foi construído por prisioneiros republicanos da guerra civil española entre os anos 1940 e 1958. Nel están enterrados uns 40.000 combatentes dos dous bandos da guerra civil, moitos deles trasladados dende outros puntos de España, onde tiveron lugar as batallas máis importantes da guerra. Tamén se atopan os restos mortais do falanxista José Antonio Primo de Rivera. Na basílica de Santa Cruz estivo sepultado o ditador Francisco Franco, trasladado ó cemiterio do Pardo na capital madrileña o 24 de outubro de 2019.

Read article
Ficheiro:SPA-2014-San_Lorenzo_de_El_Escorial-Valley_of_the_Fallen_(Valle_de_los_Caídos).jpg