Map Graph

Upolu

Upolu é unha illa de Samoa, formada por un gran volcán que se levanta desde o fondo do mar no océano Pacífico occidental. A principos do s. XIX esta illa foi tamén coñecida como Ojalava. A illa ten 75 km. de longo, e 1.125 km² de superficie e é a segunda illa máis grande en área xeográfica así como a máis poboada das Illas Samoanas con 143.500 habitantes. Upolu sitúase ao sueste da "grande illa", Savai'i. A capital, Apia, está no centro da costa norte co aeroporto internacional de Faleolo no extremo occidental da illa. A illa non tivo ningunha erupción rexistrada historicamente, aínda que tres fluxos de lava remóntanse só duns poucos centos a algúns miles de anos.

Read article
Ficheiro:Samoa_upolu.jpgFicheiro:Cyclone_Evan,_Samoa,_2012_(10690555895).jpgFicheiro:USNS_Richard_E._Byrd_sits_pierside_in_Upolu_Samoa.jpgFicheiro:View_of_the_south-eastern_coast_of_Upolu,_Samoa_-_August_2016.jpg