Map Graph

Tuvalu

Tuvalu ( ou, antigamente Illas Ellice, é un arquipélago pertencente á rexión da Polinesia, localizada no océano Pacífico, aproximadamente a metade de camiño entre Hawai e Australia. Os países máis próximos a Tuvalu son Kiribati, Samoa e Fidxi. Consta de 4 arrecifes de coral e 5 atois, cunha área total de 25 quilómetros cadrados. Despois do Vaticano é a nación independente con menor número de habitantes. Tamén é o membro das Nacións Unidas con menor número de habitantes. Debido á súa baixa elevación, as illas que constitúen esta nación son ameazadas por calquera futuro aumento do nivel do mar. A poboación pode evacuar durante as próximas décadas a Nova Zelandia, ou Niue, unha pequena illa do Pacífico que non é ameazada por aumento do nivel do mar, pero ten unha baixa taxa de natalidade. Ten clima tropical marítimo, moderado polos ventos alisios do leste de marzo a novembro, os meses restantes con abundantes choivas e a vexetación típica está composta de palmeiras.

Read article
Ficheiro:Flag_of_Tuvalu.svgFicheiro:Coat_of_arms_of_Tuvalu.svgFicheiro:Tuvalu_on_the_globe_(small_islands_magnified)_(Polynesia_centered).svgFicheiro:Tuvalu_mapa.pngFicheiro:Oceania_(orthographic_projection).svg