Tokyo Dome
O Tokyo Dome , alcumado The Big Egg, é un parque de béisbol situado no barrio de Bunkyō, en Toquio (Xapón). O estadio foi comezado a construír o 16 de maio de 1985 e inaugurado o 17 de marzo de 1988. Foi construído onde estaba o Velódromo, ao lado do antigo estadio Kōrakuen Kyūjō. Ten capacidade para 55.000 espectadores, 46.000 no caso de estaren todos sentados. Desde 1988 é o estadio local dos Yomiuri Giants da Liga Central da Nippon Professional Baseball (NPB). Entre 1088 e 2003 tamén foi sede dos Nippon-Ham Fighters da Liga do Pacífico da NPB. Ten albergado tamén encontros doutros desportes como o fútbol, fútbol americano ou artes marciais, así como concertos. No estadio está situado tamén o Salón da Fama do béisbol xaponés.
Read article