Shefa
Shefa é unha das seis provincias de Vanuatu, situada no centro do país e que inclúe as illas de Epi, Efaté e Shepherd. O nome da provincia deriva das letras iniciais de SHepherd e EFAte. Ten unha poboación de 78.723 habitantes e unha superficie de 1.455 km2. A súa capital é Port Vila, que tamén é a capital da nación.
Read article