Río de Xaneiro
cidade do BrasilO Río de Xaneiro,, ás veces coñecida simplemente como Río e fundada como São Sebastião do Rio de Janeiro, é a capital do estado do Río de Xaneiro, a segunda cidade máis grande do Brasil e a terceira área metropolitana de América do Sur, con aproximadamente 6,5 millóns de habitantes (2017) na súa área municipal e 12,3 millóns na área metropolitana, converténdoa na sexta cidade de América e a vixésimo sexta do mundo. É o principal destino turístico internacional no Brasil, de América Latina e de todo o hemisferio sur. A capital fluminense é a cidade brasileira máis coñecida no exterior, funcionando como un "espello", ou "retrato" nacional, ora positiva ora negativamente. Parte da cidade está considerada como lugar Patrimonio da Humanidade pola UNESCO dende o 1 de xullo de 2012 na categoría de paisaxes culturais coa denominación Río de Xaneiro: paisaxes cariocas entre a montaña e o mar. O himno da cidade leva por nome Cidade Maravilhosa e os seus habitantes chámanse cariocas.