República Popular da China
estado situado na Asia orientalA China, oficialmente a República Popular da China, é un estado situado en Asia oriental. Trátase do país máis poboado do mundo, xa que conta cunha poboación que supera os 1.300 millóns de habitantes. A República Popular é un Estado unipartidista gobernado polo Partido Comunista da China, estando a súa sede goberno na cidade de Pequín. Esta, exerce xurisdición sobre vinte e dúas provincias, cinco rexións autónomas, catro municipalidades directamente controladas e dúas rexións administrativas especiais practicamente autónomas, Hong Kong e Macau. A República Popular da China, amais, reclama Taiwán como a súa provincia número vinte e tres. Na práctica, a illa é independente, administrada polo réxime da República da China dende a fin da guerra civil de 1949.