Map Graph

Reino de Galicia-Volinia

O principado de Galicia-Volinia, logo reino de Galicia-Volinia, foi un estado medieval monárquico da Europa Oriental, que abranguía as rexións de Galicia e Volinia. Na historiografía tamén é habitual atopalo referenciado como Gálich-Volhyn, Galicia–Volynia, Galicia–Volýn, Gálich–Volýn, Hálych–Volhyn, Halych–Volhynia, reino da Rus, Galicia-Vladímir, Regnum Galiciae et Lodomeriae ou Regnum Rusiae. Xunto coa República de Nóvgorod e o Principado de Vladímir-Súzdal, foi unha das tres potencias máis importantes logo da caída da Rus de Kíiv. Despois da devastación causada pola invasión mongol da Rus de Kíiv entre os anos 1239 a 1241, Daniel de Galicia viuse obrigado a xurarlle lealdade no 1246 a Batu, khan da Horda de Ouro. Non obstante, esforzouse por liberar o seu reino do xugo mongol, intentando, sen éxito, establecer alianzas militares con outros gobernantes europeos.

Read article
Ficheiro:Yuri_I_of_Galicia_arms.pngFicheiro:Alex_K_Halych-Volhynia_general.pngFicheiro:HetVezer-ChroniconPictum.jpg