Provincia de Chimborazo
A provincia de Chimborazo, é unha das 24 provincias de Ecuador, situada na zona central do corredor transandino. É coñecida como provincia das altas cumes, debido a que nela se encontran varias das cumes máis elevadas do país, como o Carihuayrazo, o Altar, o Igualata, o Tungurahua, o Sangay, entre outros, que nalgúns casos comparte con outras provincias. Na cordilleira occidental encóntrase o volcán Chimborazo, que dá nome á provincia e cunha altura de 6.310 msnm, é o de máis altura do país. A provincia ten unha superficie próxima ós 6.500 km² e ten unha poboación total de 509.352 habitantes, sendo a novena provincia máis poboada de Ecuador. A capital da provincia é a cidade de Riobamba, unha das máis importantes do país, coñecida como a Sultana de los Andes, que está situada no centro-norte da mesma, a unha altitude de 2.750 msnm.