Map Graph

Pezós

Pezós ou Pesoz é un concello de Asturias. Limita ao norte con Eilao, ao sur con Grandas de Salime, ao leste con Allande e ao oeste con San Martín de Ozcos. O concello cobre unha superficie de 39 km² e contaba cun total 218 habitantes no ano 2005, o que dá unha densidade de poboación de 5,59 h/km². Este concello galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira. No seu territorio municipal está o conxunto histórico de Argul, que se declarou Ben de Interese Cultural en 2002. Entre os monumentos do concello salienta a súa igrexa parroquial.

Read article
Ficheiro:Flag_of_Pesoz_(2021).svgFicheiro:Pezos_Asturies_map.svg