Península de Setúbal
A península de Setúbal é unha subrexión estatística portuguesa, parte da Rexión de Lisboa, e abrangue a metade norte do Distrito de Setúbal. Ao norte linda co esteiro do río Texo, atopándose ao outro lado do esteiro a Grande Lisboa e a Lezíria do Texo. Ao leste limita co Alentexo Central e co Alentexo Litoral ao sur, e tamén ao sur atópase propiamente o océano Atlántico.
Read article