Oiartzun
Oiartzun é un concello situado no nordés de Guipúscoa, no País Vasco. Atópase na comarca de Donostialdea, a 10 km de Donostia. Tiña en 2016 unha poboación de 10.148 habitantes, dispersa en diferentes barrios que se reparten polo val de Oiartzun. O núcleo principal e capital do concello é Elizalde. Os oito barrios tradicionais do concello son: Altzibar, Arragua, Elizalde, Ergoien, Gurutze, Iturriotz, Karrika e Ugaldetxo.
Read article