Molokai
Molokaʻi, alcumada “The Friendly Isle” é unha das oito illas principais que conforman o arquipélago de Hawai no medio do océano Pacífico. Ten un tamaño de 61 por 16 km no seu longo e largo extremos cunha superficie de terra utilizable de 673´4 km², polo que é a quinta máis grande das principais Illas Hawaianas e a 27ª illa máis grande dos Estados Unidos. Está situada a 40 km ao leste de Oahu, separada pola canle Ka-iwi, e ao norte de Lanai, separada pola canle Kalohi. Administrativamente Molokai depende do condado de Maui, excepto a península de Kalaupapa que forma o condado de Kalawao.
Read article