Leticia, Colombia
concello e cidade do departamento do Amazonas, ColombiaLeticia é un concello colombiano que se atopa no extremo sur do país. É a capital do departamento do Amazonas. Ten unha superficie de 5 968 km² e unha poboación de 42 280 habitantes (2018), Malia estar arredada dos principais centros urbanos do país, sen comunicación por estrada, constitúe un nexo comercial importante co Brasil, debido á súa situación de cidade limítrofe sobre o río Amazonas e formando o trifinio coñecido como Tres Fronteiras co Perú e o Brasil.
Read article