Map Graph

Lampón, Boiro

parroquia civil do concello de Boiro

Santiago de Lampón é unha das oito parroquias do concello de Boiro e esta sitúase ao sur concello, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE) en 2013 tiña 2301 habitantes distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2433 habitantes. A maior parte da poboación (68 %) concéntrase no casco urbano. A pesca, nas zonas da parroquia próximas ao mar, e a agricultura seguen a ter un importante papel no modo de vida da xente de Lampón.

Read article
Ficheiro:Barraña_0507_GFDL018.jpg