Map Graph

Lago Turkana

O lago Turkana, antes coñecido como lago Rodolfo, é un lago situado no Gran Val do Rift en Kenya, aínda que a parte máis ao norte do lago entra en Etiopía. O lago mide de norte a sur 300 km e ten un largo de 40 km e cobre unha área de 6.405 km², o que o converte no lago permanente máis grande presente dun deserto, tamén é o maior lago alcalino do mundo. A área do lago é quente e moi seca. A xeoloxía é predominantemente volcánica. Tres ríos desembocan no lago: o río Omo, o río Turkwele o río Kerio, pero a única saída natural de auga é a evaporación, o que non impediu que entre 1975 e 1993 o nivel da auga do lago caese dez metros.

Read article
Ficheiro:Lake_turkana_satellite.jpgFicheiro:Lake_turkana.jpg