Imperio Español
imperio colonial gobernado pola monarquía española durante a Idade Moderna (1492–1898)O Imperio Español, tamén coñecido como monarquía española, foi un imperio colonial que existiu durante a Idade Moderna. Composto polo conxunto de territorios de España -ou das dinastías reinantes en España- en África, Asia, América, Europa e Oceanía ao longo da historia. Tras o descubrimento de América en 1492, España colonizou grandes extensións de territorio en América, desde o actual suroeste dos Estados Unidos, México, e o Caribe, ata Centroamérica e a maior parte de Suramérica. Estes territorios agrupáronse inicialmente en dous vicerreinados, o da Nova España e o do Perú. Co descubrimento e asentamento de varios arquipélagos do Pacífico a finais do século XVI, incorporáronse ao imperio as Indias Orientais Españolas formadas por Filipinas, Guam e as Illas Marianas, así como as Carolinas e Palau baixo a xurisdición da Nova España.