Illa Ross
A Illa de Ross está formada por tres volcáns no mar de Ross da Antártida, fronte á costa da Terra de Vitoria no Estreito de McMurdo a 77°40′S 168°00′L. A súa área é de 2.460 km². Só unha pequena parte da illa está libre de xeo e neve. Sir James Clark Ross descubriuna en 1841, e foi logo nomeada na súa honra por Robert F. Scott. Alberga o volcán dormente Monte Terror, de 3.230 metros de altura, e o Monte Erebus, de 3.794, son os volcáns activos máis austrais da Terra. Ambos foron nomeados por Ross polos seus barcos de nomes respectivos. A terceira maior elevación é o Monte Byrd, nomeado polo explorador estadounidense Richard E. Byrd.
Read article