Giralda
campanario da Catedral de Santa María da cidade de SevillaGiralda é o nome que recibe o campanario da Catedral de Santa María da cidade de Sevilla, en Andalucía (España). Os dous terzos inferiores da torre corresponden ao alminar da antiga mesquita da cidade, de finais do século XII, na época almohade, mentres que o terzo superior é un remate engadido en época cristiá para albergar as campás. Na súa cúspide áchase unha bóla chamada tinaja sobre a cal álzase o Giraldillo, estatua que fai as funcións de catavento e que foi a escultura en bronce máis grande do Renacemento europeo.
Read article