Estado Libre
O Estado Libre é unha das provincias de Suráfrica formada en 1995. Ten a súa orixe e coincide coa antiga provincia do Estado Libre de Orange mais o antigo bantustán de QwaQwa. A súa capital é Bloemfontein, a capital xudicial surafricana. A súa superficie é de 129.825 km² e a poboación de 2 745 590 habitantes, a maioría de etnia soto.
Read article