Map Graph

Corea

territorio de Asia Oriental

Corea é unha rexión peninsular, así coma unha entidade xeográfica e cultural, dividida segundo o paralelo 38o N, agora coñecido coma a zona desmilitarizada de Corea, dende 1945. Dous estados declararon a súa independencia en 1948, ambos reclamando soberanía sobre toda Corea; Corea do Sur, que abrangue a metade meridional, e Corea do Norte, que comprende a súa metade norte. A rexión consiste da península coreana, da illa Jeju, e de multitude doutras illas e illotes menores próximos á península. Esta última, linda coa China ao norte e con Rusia ao nordés, a través dos ríos Yalu e Tumen. Está separada do Xapón ao sueste, polo estreito de Corea.

Read article
Ficheiro:Koreas_on_the_globe_(Japan_centered).svg