Map Graph

Burela

concello da comarca da Mariña Central, na provincia de Lugo

Burela é un concello da provincia de Lugo, pertencente á Comarca da Mariña Central. En 2015 tiña 9.580 habitantes. O xentilicio é burelao, burelense ou burelés. É o segundo concello máis poboado da comarca despois de Foz. Está bañado polo mar Cantábrico polo norte e leste. Limita polo oeste co concello de Cervo, e polo sur co de Foz. O seu porto é un dos máis importantes da costa galega, cunha gran frota pesqueira. A poboación creceu considerablemente nos últimos anos do século XX, pasando dos 7.834 habitantes de 1995 aos 9.660 que ten en 2014. A súa economía baséase principalmente na pesca, destacando a pesca da pescada e do bonito. Como consecuencia desta actividade desenvolveuse tamén a industria conserveira de gran calidade. Ademais disto conta tamén con cerámicas, estaleiros, serradoiros e un hospital comarcal.

Read article
Ficheiro:Bandera_de_Burela.svgFicheiro:Coat_of_arms_of_Burela.svgFicheiro:Situacion_Burela.PNGFicheiro:Amencer_en_Burela_(Lugo).jpgFicheiro:Burela_desde_castelo.jpgFicheiro:Puerto_burela_16_07_2009.JPGFicheiro:CuevaBurela.jpgFicheiro:Entrada.001_-_Burela.jpgFicheiro:Burela,_Galiza.jpgFicheiro:Alfombras_burela_fiestas.jpgFicheiro:Casa_concello_Burela.JPGFicheiro:Placa_altimétrica_Burela.JPGFicheiro:Comarca_da_Mariña_Central.pngFicheiro:Lugo_-_Mapa_municipal.svg