Boston
capital do estado de MassachusettsBoston é a capital do estado de Massachusetts, nos Estados Unidos e sede do condado de Suffolk. Ten 620.535 habitantes, que chegan ata os case 7,1 millóns de habitantes na súa área metropolitana. Fundada polos ingleses en 1630, converteuse no principal centro cultural da América do Norte Británica. Os ingleses retiráronse en 1776 despois de varias revoltas, como a famosa "Boston Tea Party". Durante os séculos XIX e XX tornouse un centro industrial de grande importancia, atraendo inmigrantes de todo o mundo, en especial de Irlanda. Boston e a súa área metropolitana son un dos principais puntos educativos dos Estados Unidos, onde destacan institucións de educación superior tales como a universidade de Harvard e o MIT. Nesta cidade naceu o coñecido escritor Edgar Allan Poe.