Map Graph

Astipalea

Astipalea grego: Αστυπάλαια; italiano: Stampalia; turco: Istanbulya)), é unha illa do mar Exeo, tamén chamada Astropalea e coñecida polo seu nome medieval de Estampalia. Ten uns 1.300 habitantes, 18 km de longo, 13 km de ancho e unha superficie de 95 km². É unha das doce illas principais do grupo do Dodecaneso. A cidade principal é Astipalea na parte oeste da baía do sur. Ten un pequeno aeroporto. A cidade ten moitas igrexas e capelas e consérvanse as ruínas de antigos templos, así como columnas e outros restos.

Read article