Arena Corinthians
O Arena Corinthians é o estadio de fútbol do Sport Club Corinthians Paulista, situado no distrito de Itaquera na zona leste do municipio de São Paulo, Brasil. O nome oficial será definido a través dun contrato de dereitos de nome, mentres tanto é denominado como Arena Corinthians polo propio club, pola construtora e tamén pola maioría da prensa nacional e internacional. Durante a Copa do Mundo de 2014 será chamado "Arena de São Paulo" pola FIFA, para evitar o futuro nome comercial do estadio. O campo foi o lugar do partido de apertura do Mundial, que enfrontou ó Brasil e a Croacia.
Read article