Aeroporto de Ámsterdam-Schiphol
O aeroporto de Ámsterdam-Shiphol, en neerlandés Luchthaven Schiphol e en inglés Amsterdam Airport Schiphol é o maior aeroporto de Holanda e o quinto da Unión Europea por número de viaxeiros, 54 millóns en 2014. Shiphol está situado a 15 km de Ámsterdam e comunicado coa cidade por autoestrada (E19), trens rexionais, autobuses e taxis. Ten vos directos dende o Aeroporto da Lavacolla.
Read article