Map Graph

Aeroporto de Malta

O aeroporto internacional de Malta é o único aeroporto de Malta e serve a todas as illas maltesas. Está situado na illa de Malta, entre Luqa e Gudja, e ocupa o espazo da antiga base RAF Luqa. Foi completamente reformado, converténdose totalmente operativo o 25 de marzo de 1992. A poboación local adoita a chamalo aeroporto de Luqa, e ás veces aeroporto da Valeta, xa que se atopa a 5 km ao suroeste da capital do país. O aeroporto é o principal centro de conexións de Air Malta e tamén é base de Ryanair. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 5 080 071 pasaxeiros.

Read article
Ficheiro:Malta_International_Airport3.jpg