A África Oriental é a parte da África bañada polo océano Índico e inclúe, non só os países costeiros e insulares, Comores, Djibuti, Eritrea, Etiopía, Kenya, Seychelles, Somalia e Tanzania, senón tamén algúns do interior, como Burundi, Ruanda e Uganda, alén de Cimbabue, Zambia e Malaui, herdeiros da antiga Federación de Rodesia e Niasalandia, que están incluídos nesta definición de subrexión estatística da ONU.
Tipo | rexión xeográfica rexión cultural | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | África | |||
Situado na entidade xeográfica | África | |||
Localización | ||||
Continente | África | |||
| ||||
Comparte fronteira con | África central África do Norte Mar Vermello Golfo de Adén Océano Índico África austral | |||
Composto por | 21 | |||
Ás veces Sudán e Exipto son tamén considerados parte da África Oriental, como tamén Madagascar e Mozambique, países da África Austral, poden tamén estar considerados parte da África Oriental.
Estes países están asociados en varias organizacións:
- no Mercado Común de África Oriental e Austral (COMESA - Common Market of Eastern and Southern Africa),
- na Comunidade para o Desenvolvemento de África Austral (SADC é a sigla do nome da organización en lingua inglesa: Southern Africa Development Community),
- na Comunidade de África Oriental (EAC - East African Community) unha unión política, social e económica cunha historia que remonta á colonización e que agrupa tres estados: Kenya, Tanzania e Uganda.
Notas
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.