baloncestista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Kevin Duane "Yogi" Ferrell Jr., nado o 9 de maio de 1993 en Greenfield, Indiana, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto. Con 1,83 metros de estatura xoga na posición de base.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 9 de maio de 1993 (31 anos) Greenfield, Estados Unidos de América (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Park Tudor School (en) Universidade de Indiana (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 183 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 180 lb | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2016 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | NBA G League, Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Base | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tras non ser escollido no Draft da NBA de 2016, Ferrell uniuse ós Brooklyn Nets para a Liga de Verán da NBA de 2016.[1] En catro partidos cos Nets, acadou 8.8 puntos, 1.8 asistencias e 1.5 rebotes en 17 minutos por encontro. O 5 de agosto de 2016, Ferrell asinou cos Nets.[2] Tras xogar en tres partidos de pretempada, foi cortado polos Nets o 21 de outubro de 2016.[3]
O 1 de novembro de 2016, Ferrell asinou cos Long Island Nets, afiliado dos Brooklyn Nets na NBA Development League.[4] O 9 de novembro de 2016, Ferrell volveu a Brooklyn, e debutou na NBA esa mesma noite, facendo 5 puntos, 3 rebotes e unha asistencia na derrota por 110–96 contra os New York Knicks.[5] Tras disputar dez partidos cos Nets, foi cortado de novo o 9 de decembro de 2016.[6]
O 28 de xaneiro de 2017, Ferrell asinou un contrato de dez días cos Dallas Mavericks.[7] O 7 de febreiro de 2017, asinou un contrato por varios anos cos Mavericks.[8]
O 23 de xullo de 2018, Ferrell asinou un contrato de dous anos cos Sacramento Kings.[9] O 18 de decembro de 2020, Ferrell asinou cos Utah Jazz,[10] pero foi cortado o día seguinte.[11]
O 11 de xaneiro de 2021, Ferrell asinou cos Cleveland Cavaliers un contrato de dez días.[12]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.