bibliotecario e escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Para o artigo do escritor coruñés, véxase Luís Rei Núñez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1960 O Grove, España |
Morte | 9 de agosto de 2015 (54/55 anos) Pontevedra, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | bibliotecario , escritor |
Lingua | Lingua galega |
Xosé Luís Rei Núñez,[1] coñecido como Luís Rei, nado no Grove en 1960 e finado en Pontevedra o 9 de agosto de 2015,[2] foi un bibliotecario e escritor galego.
Profesor de EXB, bibliotecario e técnico de cultura do Concello de Cambados. Foi concelleiro do BNG no Grove. Investigou sobre vida e obra de Ramón Cabanillas, foi promotor da conmemoración do Ano Cabanillas en 2009 e comisario da exposición Ramón Cabanillas. A roseira dos recordos, aberta co gallo da celebración. Foi presidente da Asociación Ecoloxista do Grove, presidiu o Colectivo Ecoloxista do Salnés, foi fundador da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial en 1993, membro destacado do Comité Organizador da VII Edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, en Cambados en 2005 e dirixiu a revista Ardentía.
Recibiu o Premio Ramón Cabanillas en 2015.[3]
A Biblioteca municipal de Cambados, situada na Casa dos Fraga, foi bautizada co nome de Luís Rei en 2015.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.