Xosé Luís Blanco Campaña
xornalista, escritor, locutor de radio, presentador de televisión e compositor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Xosé Luís Blanco Campaña, nado en Camariñas o 14 de marzo de 1948, é un xornalista, escritor, locutor de radio, presentador de televisión e compositor galego.
Remove ads
Traxectoria
Estudou Dereito e é licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Autónoma de Barcelona. Iniciouse en EAJ-1 Ràdio Barcelona. Foi reporteiro da revista Lecturas. Traballou en Radio Peninsular e en Radio Nacional de España en Barcelona e na Coruña. Participou na fundación de Mundo Diario. Foi director de RNE en Santiago de Compostela, fundador e director da RTVG en 1985,[1] director xerente de Televisión de Galicia e director do centro territorial de Televisión Española en Galicia.[2] Tivo unha sección diaria en El Correo Gallego. Foi membro da SGAE[3] e é cabaleiro da Enxebre Orde da Vieira.[4]
Na TVG presentou Ruada, Con música propia e A noite en Blanco.
É compositor de máis dun cento de cancións en lingua galega, para artistas como Ana Kiro, Sito Mariño ou Petapouco[5] e foi asesor de música popular da Enciclopedia Galega Universal.
Remove ads
Obra escrita
- Camariñas, terra de palilleiras, 1991, Edicións Xerais de Galicia.
- Cento cartorce cancións galegas, 1992, n.º 67 da Biblioteca 114, El Correo Gallego.
- Radio e prensa na Galicia exterior, 1995, Xunta de Galicia.
- Historia da radio en Galicia, 1999, Edicións Lea.
- Manuel Fraga Iribarne, profesor, político, estadista, redactor da Constitución Española, presidente da Xunta de Galicia, 2001, Ir Indo.
- Introdución á canción galega, 2004, Xunta de Galicia.
Remove ads
Recoñecementos
Entre outros, recibiu os seguintes recoñecementos:
- Premio Ondas, 1990.[6]
- Premio da Crítica Galicia, 1991.
- Antena de Oro.
- Premio Galicia de Comunicación, 2000.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads