From Wikipedia, the free encyclopedia
Xoana de Évreux, nada en Évreux en 1310 e finada en Brie o 4 de marzo de 1371, foi raíña consorte de Francia e Navarra (1325 - 1328).
Nome orixinal | (fr) Jeanne d'Évreux |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1310 Évreux, Francia |
Morte | 4 de marzo de 1371 (60/61 anos) Brie-Comte-Robert, Francia |
Lugar de sepultura | Basílica de Saint-Denis |
Relixión | Cristianismo |
Actividade | |
Ocupación | realeza |
Outro | |
Título | Queen Consort of France and Navarre (en) |
Familia | Casa de Évreux |
Cónxuxe | Carlos IV de Francia (1324 (Gregoriano), 1325 (Gregoriano)–1328 (Gregoriano)) |
Fillos | Marie of France, Branca de França |
Pais | Lois de Évreux e Margarida de Artois |
Irmáns | Charles d'Évreux Filipe III de Navarra Marie d'Évreux Marguerite d'Évreux |
Filla do conde Lois de Évreux e Margarida de Artois. Era neta pola liña paterna do rei Filipe III de Francia e María de Brabante e pola liña materna de Filipe de Artois e Branca da Bretaña. Era irmá do rei Filipe III de Navarra. Casou en Brie o 5 de xullo de 1325 co rei Carlos IV de Francia, sendo a súa terceira esposa. Desta unión naceron:
Foi coroada raíña o 11 de maio de 1326 na Sainte-Chapelle de París.
En 1326 deu a luz a unha filla, que viviu só un ano. Ao ano seguinte, trouxo ao mundo unha nova filla. De novo embarazada á morte do rei, 1 de febreiro de 1328, continuou a incerteza sobre a sucesión masculina do reino. Por fin deu a luz unha nova filla. Coa Lei sálica prevalecendo no Reino, estes nacementos provocarán o fin da rama principal e directa da dinastía Capeto para iniciar a dinastía Valois.
Xoana de Évreux morreu en Brie en 1371 e foi enterrada xunto ao seu marido na catedral de Saint Denis en París.
O Libro de horas de Xoana de Évreux, de Jean Pucelle que se conserva no museo The Cloisters de Nova York, é unha das obras mestras da miniatura medieval.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xoana de Évreux |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.