Filme de 1941 dirixido por Frank Capra From Wikipedia, the free encyclopedia
Xoán Ninguén (en inglés Meet John Doe) é un filme estadounidense de 1941 dirixido por Frank Capra e protagonizado por Gary Cooper e Barbara Stanwyck.
Xoán Ninguén | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Meet John Doe |
Director | Frank Capra |
Produtor | Frank Capra |
Guión | Robert Riskin Robert Presnell, Sr. |
Baseado en | A Reputation, de Richard Connell, publicada en Century Magazine en 1922 |
Intérpretes | Gary Cooper Barbara Stanwyck |
Música | Dimitri Tiomkin |
Fotografía | George Barnes |
Montaxe | Daniel Mandell |
Distribuidora | Warner Bros. |
Estrea | 3 de maio de 1941 |
Duración | 122 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Na rede | |
Foi emitido na TVG o 20 de setembro de 2002.[1]
Cando un poderoso empresario compra un xornal e despide case todo o persoal, Ann, unha audaz xornalista, decide publicar no seu derradeiro artigo unha carta falsa en que se anuncia o próximo suicidio dun dos empregados despedidos, que firme como "John Doe". O éxito do artigo é tal que o xornal decide buscar un John Doe, para o que contrata un vagabundo, antigo xogador de béisbol, que se converte nunha personaxe moi popular e un líder de opinión. John Doe non está só, senón que ten o seu mellor amigo, The Colonel, que lle lembrará que cousas son importantes na vida. Cando o protagonista descobre de que xogo está a ser vítima pensa en suicidarse ante os seus seguidores.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.