Xoán o Evanxelista

nome dado tradicionalmente ao autor do Evanxelio de San Xoán From Wikipedia, the free encyclopedia

Xoán o Evanxelista

San Xoán o Evanxelista foi un dos doce apóstolos de Xesús Cristo. Escribiu o Evanxeo de Xoán e as tres epístolas de Xoán. Atribúellese tamén o libro da Apocalipse.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Xoán o Evanxelista
Thumb
Biografía
Nacemento10
Galilea, Israel
Morte98 (87/88 anos)
Éfeso, Turquía
RelixiónCristianismo
Actividade
Ocupaciónevangelist (en)
Período de actividade(Con vida en: século I )
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa27 de decembro
Símbolo iconográficoAguia
Compañeiro profesionalSantiago o Maior: Fillos de Zebedeo
Familia
PaisZebedeo   e Salomé

Descrito pola fonteDe viris illustribus
Enciclopedia Católica
The American Cyclopædia
Pechar
Thumb
San Xoán, o Apóstolo, por El Greco c. 1600.

Traxectoria

Thumb
San Xoán, esbozo de Leonardo da Vinci para a Derradeira Cea (século XV).

Segundo a tradición Xoán seria o máis novo dos doce apóstolos. Tiña probablemente cerca de vinte e catro anos cando foi chamado por Xesús. Era solteiro e vivía cos seus pais en Betsaida. Era pescador e traballaba xunto co seu irmán Santiago, e probablemente tamén con André e Pedro.

Nos libros da Biblia ponse de manifesto a admiración de Xoán por Xesús. Este chamoulle Fillo do Trono e máis adiante Discípulo Amado. Segundo o Novo Testamento, Xoán foi o apóstolo que seguiu con Xesús a noite que foi preso e o acompañou até a morte na cruz. Cristo encomendoulle o coidado de María, a súa propia nai. Na biblia protestante Xesús non sería o único fillo de María, senón o máis vello e por iso tería a responsabilidade de coidar de súa nai tras da morte de Xosé.[1].

Máis adiante Xoán estivo fortemente ligado a Pedro nas actividades iniciais do movemento cristián, chegando a ser un dos principais dirixentes da Igrexa de Xerusalén. É tradición que predicou na Asia Menor, especialmente en Éfeso. De todos os doce apóstolos, Xoán foi o máis destacado teólogo. Morreu de morte natural en Éfeso, no ano 103, cando tiña 94 anos. Cóntase que a súa sepultura estaba baleira cando foi aberta polo emperador Constantino para edificarlle unha igrexa.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.