Xeocronoloxía

From Wikipedia, the free encyclopedia

Xeocronoloxía

A xeocronoloxía á a ciencia, dentro da xeoloxía, que se encarga de determinar a idade absoluta de rochas, sedimentos e fósiles, sempre cun certo grao de incerteza inherente aos métodos usados, que son varios e interdisciplinares.

Thumb
Esquema dos principais eventos na historia da Terra.

A xeocronoloxía é diferente á bioestratigrafía, que se encarga de asignar as rochas sedimentarias a un período xeolóxico coñecido mediante a descrición, catalogación e comparación de asociacións animais e florais fósiles presentes na rocha. A biostratigrafía non proporciona directamente a idade dunha rocha, senón que a sitúa dentro do intervalo de tempo para o cal se coñece que esas asociacions fósiles existiron.

A xeocronoloxía é a principal ferramenta coa que conta a cronoestratigrafía para establecer a idade absoluta de todas as asociacións fósiles e determinar a historia xeolóxica da Terra e dos corpos extraterrestres.

Métodos de datación

  • Datación radiométrica
  • Datación por luminiscencia
  • Datación dos restos
  • Correlación de horizontes guía

Véxase tamén

Outros artigos

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.