Os xenoturbélidos (Xenoturbellida) son un filo de animais bilaterais vermiformes, mariños, de posición taxonómica incerta, que comprende unha soa familia, do mesmo nome vulgar galego (cientificamente, Xenoturbellidae), cun único xénero, Xenoturbella, con tan só dúas especies.

Máis información Clasificación científica, Especies ...
Xenoturbélidos
Xenoturbellida
Clasificación científica
Superreino: Eukaryota
Reino: Animalia
(sen clasif.) Bilateria
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Xenoturbellida
Familia: Xenoturbellidae
Xénero: Xenoturbella
Especies
  • X. bocki Westblad, 1949
  • X. westbladi Israelsson, 1999
Pechar

Foron descubertos en 1949,[1] ano en que foron clasificados como turbelarios primitivos e peculiares.

Estudos do seu ADN realizados en 2003 reclasificáronos como primitivos deuteróstomos fóra dos filos previamente coñecidos (Bourlat et al., 2003).[2]

Previamente xa foran relacionados cos moluscos (Noren & Jondelius, 1997),[3] pero obxetouse que o ADN fora contaminado co dos moluscos dos que se alimentaban. (Bourlat et al., 2003).

Estes primeiros resultados foron recentemente corroborados. O xénero considérase agora o único membro do seu propio filo, Xenoturbellida (Haszprunar et al., 1991;[4] Bourlat et al. (2006):[5]).

Características

Xenoturbella ten un plan corporal moi simple. Carece de cerebro, de tubo dixestivo, de gónadas (pero si produce gametos; os ovos e os embrións prodúcense nos folículos),[6] e de calquera outro órgano definido, a excepción dun estatocisto provisto de células flaxeladas. Ten cilios e un sistema nervioso difuso. A súa lonxitud alcanza os 4 cm. Encontráronse frote ás costas de Suecia, Escocia e Islandia.

Especies

O xénero Xenoturbella inclúe dúas especies:[7]

  • Xenoturbella bocki
  • Xenoturbella westbladi

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.