filósofo español From Wikipedia, the free encyclopedia
Xabier Zubiri Apalategui, nado en Donostia o 4 de decembro de 1898 e finado en Madrid o 21 de setembro de 1983, foi un filósofo vasco e un dos máis importantes de España no século XX, cunha obra extraordinariamente creativa e consistente.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de decembro de 1898 Donostia (España) |
Morte | 21 de setembro de 1983 (84 anos) Madrid (España) |
Lugar de sepultura | Cemiterio Civil de Madrid 40°25′21″N 3°38′10″O |
Catedrático | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Madrid |
Actividade | |
Lugar de traballo | Barcelona Madrid |
Ocupación | filósofo, profesor universitario, escritor |
Empregador | Universidade Complutense de Madrid Universidade de Barcelona |
Obra | |
Doutorando | José Gaos (pt) e Julián Marías |
Familia | |
Cónxuxe | Carmen Castro Madinaveitia |
Premios | |
Fixo os estudos secundarios na súa cidade natal até 1915. Trasladouse a Madrid para ingresar no Seminario Conciliar, onde foi alumno de Juan Zaragüeta. Comezou estudos na Universidade Central na Facultade de Filosofía e Letras, con profesores como José Ortega y Gasset ou Javier García Morente.
Entre 1920 e 1921 Zubiri trasladouse a Lovaina para ampliar os seus estudos filosóficos. Mentres, nun ínterim, en novembro de 1920, presentou na Universidade Pontificia de Roma a súa tese de doutoramento en teoloxía. En Lovaina trabou os primeiros contactos coa fenomenoloxía. De feito, Zubiri presentou a súa memoria de licenciatura en Lovaina sobre ese campo (Le problème de le objectivité d'après Edmund Husserl. I: La logique pure / O problema da obxectividade segundo Edmund Husserl, I: A lóxica pura). Antes de acabar o curso de 1921, en maio Zubiri leu a súa tese doutoral, Ensayo de una teoría fenomenológica del juicio, na Universidade Central madrileña, dirixida por Ortega. Ese mesmo ano foi ordenado sacerdote.
En 1926 obtivo a cátedra de Historia da Filosofía na Universidade Central, vacante tralo pasamento de Adolfo Bonilla San Martín. En 1929 seguiu cursos en Friburgo (Alemaña) co seu admirado Edmund Husserl e con Martin Heidegger. Pasou por Berlín antes de reincorporarse á súa cátedra madrileña en 1931. En 1935 obtivo a secularización e casou o ano seguinte con Carmen Castro, filla do profesor e ensaísta Américo Castro. O matrimonio pasou os anos da Guerra Civil española en París.
Ao regresar a España acabada a guerra, Zubiri non puido retomar o traballo na súa cátedra madrileña, por oposición das autoridades eclesiásticas. Trasladouse daquela a Barcelona e impartirá clases na universidade entre 1940 e 1942.
Ante as dificultades impostas polas autoridades franquistas, Zubiri decide pedir a excedencia. De regreso a Madrid impartirá cursos privados, e verá financiada pola banca Urquijo unha empresa de publicacións. Dese xeito, e a través de cursos e conferencias no estranxeiro, puido sosterse economicamente, en tanto ía madurando e publicando a súa obra. Parte dela foi publicada postumamente.
Talvez o principal achado de Zubiri é a creación dun sistema metafísico que enraíza na súa visión do ser humano como unha "intelixencia sentinte" situada na realidade. Neste sistema, o ser humano é "relegado" polo "poder do real", de xeito que a súa realidade persoal está intimamente conectada con entes situados nun contexto real. Ao tempo, o ser humano pode ser considerado o autor do seu propio ser persoal (o seu "Eu"), a través da apropiación pola experiencia e polo exercicio da liberdade persoal dentro dun contexto real, de modo que Zubiri pode referirse ao ser humano como "animal de realidades". A apertura do ser humano ante as posibilidades é o que fai do ser humano unha "esencia aberta", concepto que se opón a "esencia pechada" (é dicir, unha estrutura que simplemente obra segundo regras de funcionalidade).
As seguintes son obras publicadas postumamente:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.