Xan das Bólas
actor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
actor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Fernando Tomás Ares Pena, alcumado Xan das Bólas, nado na Coruña o 30 de outubro de 1908 e finado en Madrid o 13 de outubro de 1977, foi un actor galego. Foi un dos actores secundarios cunha traxectoria máis longa na historia do cine español, aparecendo en arredor de 300 filmes, habitualmente con pequenos papeis cómicos nos que representaba personaxes con variados oficios.[1][2] Con todo, o seu traballo foi criticado por boa parte da intelectualidade e a crítica galega pola ridiculización do pobo galego á que contribuía coas súas interpretacións de personaxes risibles, ás que engadía un esaxerado acento galego.[1][3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de outubro de 1908 A Coruña, España |
Morte | 13 de outubro de 1977 (68 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | actor, actor de cinema, actor de televisión |
Naceu na rúa Santiago da Coruña, sendo fillo do industrial Tomás Ares Alonso, natural do pobo maragato de Valdespino de Somoza (en Santiago Millas), e da coruñesa Ángela Pena Valiño. Durante a Segunda República comezou a traballar como cómico e contacontos e en 1934 creou o personaxe de Xan das Bolas, co que percorreu Galicia con espectáculos como Hala, que van fervendo, o cal representou polos teatros entre 1935 e 1936.[4][5]
Finalizada a guerra civil española, emprendeu a súa carreira cinematográfica con Salomé (1940) de Feliciano Catalán. Pouco despois comezou a ser coñecido polo gran público polo seu papel en Polizón a bordo, de Florián Rey, onde compartiu pantalla con Lina Yegros, Antonio Casal ou Ismael Merlo.[5] Formou parte do grupo de actores do produtor vigués Cesáreo González e foi delegado e inspector do Sindicato Vertical do franquismo, o que facilitou a súa aparición en numerosos filmes nos seguintes anos.[1]
Deste xeito, traballou en ducias de obras de Suevia Films como Mar abierto, Sabela de Cambados ou as célebres Botón de áncora e Historias de la radio, e en obras doutros produtores, así como en case todos os filmes de Ramón Torrado, consagrándose como un dos actores secundarios coa traxectoria máis extensa na historia do cinema español.[1] Interpretaba habitualmente pequenos papeis cómicos nos que representaba personaxes con variados oficios.[1][2] A súa filmografía rolda as 300 películas e traballou ás ordes dalgúns dos máis importantes cineastas españois como Florián Rey, Luis Lucia, José Luis Sáenz de Heredia, Juan de Orduña, Luis García Berlanga o Juan Antonio Bardem.[1] Traballou tamén en varias series de televisión como ¿Es usted el asesino?, Crónicas de un pueblo, El Pícaro, El quinto jinete ou Curro Jiménez.[1]
Con todo, o seu traballo foi criticado por boa parte da intelectualidade e a crítica galega pola ridiculización do pobo galego á que contribuía coas súas interpretacións, ás que engadía un esaxerado acento galego.[1] Por este feito recibía críticas xa na década de 1940,[3][6] e estas incrementáronse especialmente a partir de 1960 e durante a Transición, co movemento de revisión do cine galego e o auxe do nacionalismo galego.[1]
Faleceu en Madrid o 13 de outubro de 1977, por mor de complicacións surxidas durante unha operación de vexiga.[7]
A seguinte listaxe é unha escolma da súa filmografía:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.