beisbolista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Willie Howard Mays, Jr., nado en Westfield (Alabama), o 6 de maio de 1931 e finado en Palo Alto o 18 de xuño de 2024, alcumado "The Say Hey Kid", foi un xogador de béisbol estadounidense da Major League Baseball (MLB) na posición de center fielder, que pasou case todas as súas vinte e dúas tempadas xogando nos New York/San Francisco Giants, antes de finalizar nos New York Mets. Está recoñecido como un dos mellores xogadores de béisbol de todos os tempos, e foi incluído no Baseball Hall of Fame en 1979.
Mays naceu en Westfield, un barrio da vila de Fairfield, que é unha cidade dormitorio de Birmingham mais que pertence ao condado de Jefferson.
Mays gañou dous premios de Xogados Máis Valioso da National League (NL), acabou a súa carreira con 660 home runs, terceiro no momento da súa retirada, e logrou 12 premios Gold Glove comezando en 1957, ano en que se creou o galardón.[1]
Mays comparte o récord de máis All-Star Games xogados (24) con Hank Aaron e Stan Musial.[2][3] Como recoñecemento ao seu récord de All-Star, Ted Williams dixo "inventaron o All-Star Game para Willie Mays".[4][5]
A estatística da carreira de Mays e a súa duración na era preaxuda ergoxénica levou a especular con que puido ser o mellor five-tool player da historia, moitas análises que examinaron as actuacións de Mays levaron a unha opinión crecente de que Mays posiblemente foi o mellor xogador ofensivo de todos os tempos.[6] En 1999, Mays quedou en segundo lugar na "Lista dos 100 mellores xogadores de béisbol" de The Sporting News. Ese mesmo ano, foi elixido no Major League Baseball All-Century Team. Mays é un dos cinco xogadores da Liga Nacional que tiveron oitos temporadas consecutivas con 100-RBI seasons, xunto con Mel Ott, Sammy Sosa, Chipper Jones e Albert Pujols. Mays superou os 50 home runs en 1955 e 1965, o tempo máis longo dun xogador entre dúas tempadas con máis de 50 home runs. A súa última aparición na Major League Baseball foi o 16 de outubro nas series mundiais de 1973.
En novembro de 2015, Mays recibiu a Medalla Presidencial da Liberdade de mans do presidente Barack Obama durante unha cerimonia na Casa Branca.[7][8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.