From Wikipedia, the free encyclopedia
Voodoo Glow Skulls é unha banda californiana de third-wave ska, mesturando o ska co punk e o metal.
Voodoo Glow Skulls | |
---|---|
Orixe | Riverside, California |
Período | 1988 - presente |
Xénero(s) | ska, third wave ska, ska punk |
Selo(s) discográfico(s) | Signal Sound Systems Records, Dr. Strange Records, Epitaph Records, El Pocho Loco Records, Victory Records |
Membros | Frank Casillas, Eddie Casillas, Jorge Casillas, Jerry O'Neill, Brodie Johnson, Eric Fazzini |
Antigos membros | Joey Hernández, Joe McNally, Gabriel Dunn |
Na rede | |
voodooglowskulls.com | |
A banda formouse en 1988 en Riverside, polos irmáns Frank, Eddie e Jorge Casillas, e o seu vello amigo Jerry O'Neill. Os Voodoo Glow Skulls ensaiaron durante dous anos nun dormitorio traseiro, ata que lograron un conxunto ben formado, con intensidade infernal e un sentido do humor demente. Comezaron tocando en festas pequenas. Coa inauguración do Spanky's Café comezaron a tocar con grupos como Angry Samoans, Mighty Mighty Bosstones, Firehose, Murphy's Law ou The Dickies.
En 1991 o selo Signal Sound Systems Records descubriunos, e suxeriulles a integración dunha sección de vento. Así, entrou un mozo saxofonista, Joey Hernandez, dándolle o toque de vento que define á banda. Posteriormente uníronse Joe McNally na trompeta e Brodie Johnson no trombón. Isto cimentou a súa mestura de hardcore e ska.
O primeiro lanzamento da banda foi o EP de 1992 Rasta Mis Huevos, un 7" con Signal Sound Systems Records. Nese mesmo ano lanzaron o seu primeiro LP, We're Coloring Fun. Comezaron como abreconcertos de bandas como The Offspring, No Doubt, Reverend Horton Heat ou 311.
Voodoo Glow Skulls gravaron o Who Is, This Is? con Dr. Strange Records en 1993, do que venderían 200.000 copias. Isto permitiulles asinar con Epitaph Records, cos que gravarían catro cd's, dos que venderon 750.000 copias.
Axiña comezaron a recibir boas críticas e o apoio de radios comerciais e mesmo da MTV. Participaron no Warped Tour en 1998. Os seus dous últimos álbums foron editados por Victory Records.
Nas súas letras alternan o inglés co castelán. Un dos seus álbums, Firme, está dispoñible nos dous idiomas. Ademais fixeron unha compilación de cancións en castelán, o Exitos Al Cabron.
antigos membros:
Álbum | Ano | Selo | Notas |
---|---|---|---|
Who Is, This Is? | 1993 | Dr. Strange Records | |
Firme | 1995 | Epitaph Records | |
Firme En Español | 1996 | Epitaph Records | versión en castelán |
Baile de Los Locos | 1997 | Epitaph Records | |
The Band Geek Mafia | 1998 | Epitaph Records | |
Symbolic | 2000 | Epitaph Records | |
Steady As She Goes | 2002 | Victory Records | |
Adicción, Tradición, Revolución | 2004 | Victory Records | |
Southern California Street Music | 2007 | Victory Records | |
Break the Spell | 2012 | Smelvis Records |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.