Virxilio Viéitez Bértolo, nado en Soutelo de Montes (Forcarei) o 23 de outubro de 1930 e finado no mesmo lugar o 15 de xullo de 2008[1], foi un fotógrafo galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de outubro de 1930 Soutelo de Montes, España |
Morte | 15 de xullo de 2008 (77 anos) Soutelo de Montes, España |
Actividade | |
Ocupación | fotógrafo |
O seu primeiro emprego foi na construción ós dezaseis anos. Despois emigrou ós Pireneos[2], onde traballou como mecánico nun teleférico e adquiriu a súa primeira cámara. Tratábase dunha Kodak de caixón, formato 6x9. Emigrado a Cataluña, en Palamós coñeceu a Julio Pallí, de quen aprendeu o oficio da fotografía.
A continuación traballou como fotógrafo na Costa Brava, facendo retratos de turistas. No 1955 volveu a Galicia e pouco despois abriu un estudio fotográfico na súa vila natal. Deste modo tivo a oportunidade de retratar moitas xeracións de veciños da Terra de Montes de forma case anónima[3]. As súas fotografías son retratos de persoas e grupos en eventos sociais como primeiras comuñóns, velorios ou bautizos, pero tamén actividades cotiás. En relación á súa técnica, a maioría das súas fotos son en branco e negro, pero na década de 1970 fixo algunhas en cor.
Deixou a actividade fotográfica nos anos oitenta, pero na década de 1990 o seu traballo foi revalorizado, expoñendo na VIII edición da Fotobienal de Vigo en 1998, no MARCO, na Sala de Exposicións Caixanova de Vigo, na exposición 150 anos de Fotografía en España (que estivo na Coruña e en Ourense), ou na mostra Al gust de Cartier-Bresson en Barcelona, Ámsterdan e Nova York[4].
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.