Violent Femmes

From Wikipedia, the free encyclopedia

Violent Femmes

Violent Femmes é unha banda de folk punk estadounidense composta por catro membros: Gordon Gano (cantante/guitarrista), Brian Ritchie (baixista),Victor DeLorenzo (percusionista) e Guy Hoffman (percusionista).

Datos rápidos Orixe, Período ...
Violent Femmes
Thumb
Violent Femmes, 2006.
OrixeMilwaukee, Wisconsin,
Período1980–1987
1988–2009
2013-presente
Xénero(s)rock alternativo
folk punk
post punk
Selo(s) discográfico(s)Slash, Reprise, Elektra, Mushroom, Beyond, Add It Up Productions
MembrosBrian Ritchie
Gordon Gano
John Sparrow
Antigos membrosVictor DeLorenzo
Guy Hoffman
Brian Viglione
Na rede
vfemmes.com
iTunes: 168655 Last fm: Violent+Femmes
Pechar

O seu estilo musical presenta grandes influencias da música folk norteamericana, así como do punk, creando un son característico que influíu en bandas posteriores como No Doubt, mentres que as letras das cancións tratan temas recorrentes no rock como a frustración adolescente, o amor ou o sexo.

É considerada unha banda de culto por críticos e seguidores, porén, tivo un éxito comercial e un recoñecemento moderado, aínda que algunhas das súas cancións como Add it up ou Blister in the sun gozaron de certa fama.

Historia

A banda foi creada por Brian Ritchie e Victor DeLorenzo en 1980, e a formación completouse coa entrada de Gordon Gano. Nos seus inicios adoitaban tocar en cafés e nas rúas. O 23 de agosto de 1981, James Honeyman-Scott (integrante de The Pretenders), interesouse pola súa música cando os viu tocando en fronte do local no que The Pretenders ían actuar esa mesma noite, de tal maneira que Chrissie Hynde invitounos a compartir escenario.

Así foi como o grupo se deu a coñecer e posteriormente firmou coa discográfica Slash Records coa que publicaron o seu primeiro disco, Violent Femmes, no ano 1982. Tras este editaron Hallowed Ground no que a banda se moveu cara a un son country e comezou a tratar temas espirituais.

Discografía

Thumb
Gano en concerto cos Violent Femmes, en 2006.

Álbums de estudio

Máis información Álbum, Ano ...
ÁlbumAnoSelo
Violent Femmes1982Slash
Hallowed Ground1984Slash/Rhino
The Blind Leading the Naked1986Slash
31988Slash
Why Do Birds Sing?1991Reprise
New Times1994Elektra
Rock!!!!!1995Mushroom
Freak Magnet2000Beyond
We Can Do Anything2016PIAS America
Pechar

Recompilacións:

  • Add It Up (1981-1993)

Ligazóns externas

Web oficial do grupo

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.