From Wikipedia, the free encyclopedia
Victoriano Sánchez Barcáiztegui, nado en Ferrol o 23 de abril de 1826 e finado no mar Cantábrico o 26 de maio de 1875, foi un militar galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de abril de 1826 Ferrol, España |
Morte | 26 de maio de 1875 (49 anos) |
Actividade | |
Ocupación | mariño |
Carreira militar | |
Rango militar | contraalmirante |
Ingresa na Armada aos 15 anos e despois de navegar en diferentes buques é nomeado Comandante da Estación Norte de Río de la Plata en 1864. Polos méritos alcanzados no heroico combate do Callao é ascendido a Capitán de Navío de primeira clase en 1868. Posteriormente é o primeiro director da Escola Naval de Ferrol e Comandante Xeral do Arsenal.
Como Comandante Xeral da Escuadra do Norte no Cantábrico dirixe as operacións a bordo do Colón onde cae morto alcanzado pola metralla o 26 de maio de 1875. Os seus restos foron trasladados ao Panteón de Marinos Ilustres en San Fernando.
Un destrutor da Armada Española levou o nome Sánchez Barcáiztegui. Foi botado en 1926 e dado de baixa en 1964. Durante a guerra civil permaneceu baixo o mando republicano.
Unha rúa de Ferrol, localizada no barrio da Magdalena, leva o seu nome.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Victoriano Sánchez Barcáiztegui |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.