enxeñeiro e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Vicente Riestra Calderón, nado en Pontevedra en 1885 e finado na mesma cidade o 4 de outubro de 1967,[1] foi un enxeñeiro e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1885 Pontevedra, España |
Morte | 4 de outubro de 1967 (81/82 anos) Pontevedra, España |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro, político |
Familia | |
Pai | José Riestra López |
Irmáns | Raimundo Riestra Calderón |
Fillo de José Riestra López, I marqués de Riestra, deputado e senador, e da súa segunda muller María Calderón Ozores, e irmán do tamén deputado Raimundo Riestra Calderón. Enxeñeiro industrial. Foi elixido deputado do Congreso dos Deputados de España polo distrito da Estrada durante as cinco últimas lexislaturas da Restauración (1916-1923). No franquismo foi Subsecretario de Presidencia do Goberno e conselleiro do Banco de España. Militou na Orde Terceira Franciscana e Acción Católica.
Casou o 29 de setembro de 1910 con Isidora Peinador Estévez, filla de Ramón Peinador Vela, propietario do Balneario de Mondariz,[2] e foi pai de María del Carmen, Ramón, José María, Isidora, Santiago, Jorge, Beatriz e Milagros Riestra Peinador.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.