O viño tinto é aquel que se fai co mosto de uva tinta (Vitis vinifera), elaborado de acordo a un procedemento axeitado para alcanzar a difusión dos colorantes contidos na pel.[1] Ó contrario do que moita xente pensa, o proceso de toma de viño tinto é, en moitos pasos, moito máis sinxelo que o de viño branco. Isto require un control moi preciso do tempo e da temperatura, e permite que cada enólogo e a cada área imprimir o seu selo persoal ou rexional.
É importante facer a vendima no momento axeitado de madureza dos froitos da vide. Na recollida, é común desbotar os acios verdes ou danados para que non afecten o sabor do viño resultante.
Os acios de uva retíranse da vide a man con tesoiras, ou de forma mecanizada no caso das viñas emparradas en espaleiras. No caso manual adoitan depositarse en grandes cestos que, despois de encherse, son volcados en tractores, para trasladalos á adega.
Para viños selectos, a uva recóllese en pequenos cestos e transpórtase neles até a adega, para evitar que a uva se esmague e comece a súa fermentación durante o transporte, para que todo o proceso poida controlarse na adega.
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.