Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Vestfirðir é unha das oito Rexións administrativas de Islandia. A súa capital é a localidade de Ísafjörður.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País insular | Islandia | ||||
Capital | Ísafjörður (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 7.379 (2023) (0,78 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 9.409 km² | ||||
Bañado por | Estreito de Dinamarca | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1937 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | IS-4 | ||||
Sitio web | westfjords.is |
A rexión ten unha poboación total de 7.374 habitantes (2008), o que supón menos do 3% do total da poboación de Islandia, están repartidos nunha superficie de 22.721 km2, o que supón unha densidade de poboación de 0,784 habitantes por quilómetro cadrado.
A pouca poboación débese a que a rexión é un lugar rural relativamente illado dos núcleos urbanos e á diminución da demanda de man de obra na agricultura e a industria pesqueira, as principais fontes de ingresos para a rexión.
Ano | Poboación | Porcentaxe da poboación islandesa |
1920 | 13.443 | 14,24 % |
1930 | 13.133 | 12,09 % |
1940 | 13.130 | 10,80 % |
1950 | 11.300 | 7,83 % |
1960 | 10.507 | 5,86 % |
1970 | 10.050 | 4,91 % |
1980 | 10.479 | 4,53 % |
1990 | 9.798 | 3,80 % |
2000 | 8.150 | 2,86 % |
2007 | 7.309 | 2,32 % |
Esta rexión está formada polos seguintes condados:
Vestfirðir comprende os seguintes municipios:
As estradas son aínda hoxe en día escasas e inaccesibles (especialmente no inverno), polo que é relatívamente difícil conectarse co resto da illa. Moitos camiños son de grava sóamente. E a frecuencia de choivas ou treboadas obstaculiza o transporte por aire.
Moitas persoas se están trasladando á rexión da capital ou emigran a outros países, como sucedeu despois dunha avalancha en 1995.
Mentres tanto, planéase facer un maior fincapé no turismo, xa que a beleza dos fiordes forma unha paisaxe moi atractiva. Esta actividade é aínda pouco explotada na zona cerca de Dynjandi (tamén Fjallfoss), posúe unhas fervenzas de cen metros.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.