bebida alcólica From Wikipedia, the free encyclopedia
O vermú[1] (do francés vermout ou vermouth e estes do alemán wermut, ‘asente’) é unha bebida alcólica que se toma antes do xantar, e que adoita acompañarse dunha comida lixeira ou petisco[2]. Elabórase con viño e aromatízase con substancias vexetais maceradas do xénero Artemisia, cunha graduación alcólica comprendida entre 15° e 20°. Adoita comporse de viño branco, asente e outras substancias amargas.[3] Estes viños son tipicamente europeos, cun aroma característico que lles dá unha elegancia particular para un cóctel ou aperitivo. Xeralmente pódese atopar dous tipos: vermello e branco. O vermú vermello (italiano) é doce; en tanto que o branco (francés) é seco, con maior grao alcólico.
Segundo un relato, estas bebidas foron inventadas por Hipócrates, sonado médico e filósofo da antigüidade, nacido o 460 a. C. Puxo a macerar en viño flores de asente e follas de fraxinela (Dictamnus albus) e obtivo o que na Idade Media foi chamado «viño hipocrático» ou, sinxelamente, «viño de herbas».
A partir de finais do século XVIII, coa chegada de nova tecnoloxía, o viño aromatizado entrou nunha nova dimensión de produtividade, na que destacou a experiencia dos pioneiros piemonteses, mais foi en 1838, cando por mérito dos irmáns Luigi e Giuseppe Cora, a preparación do vermú adquiriu un carácter industrial.
Co paso do tempo a palabra adquiriu tamén un sentido xenérico para definir o aperitivo –calquera bebida cuns petiscos– previo á comida. De aquí provén a expresión «quedamos para tomar o vermú?».[4]
O vermú vermello está composto por máis de 40 extractos de herbas, raíces, flores, especias e froitas. Todas estas esencias mestúranse cun pouco alcol no tamburo, un recipiente que dá dúas voltas ao día durante dúas semanas. Tras este proceso engádese o viño e o azucre e déixase repousar.[5] A composición máis común inclúe:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.