Venceslau I de Bohemia (duque)

From Wikipedia, the free encyclopedia

Venceslau I de Bohemia (duque)

Venceslau I de Bohemia ou San Venceslau I de Bohemia (en checo Václav), nado contra o ano 907 en Praga (Bohemia) e finado o 28 de setembro de 935 en Stará Boleslav (Bohemia), foi o duque de Bohemia dende 921 ata o seu asasinato en 935, presuntamente nun complot ideado polo seu propio irmán, Boleslav o Cruel. Venceslau era fillo de Vratislav I, duque de Bohemia da dinastía dos Přemyslovci.

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Venceslau I de Bohemia
Thumb
Nome orixinal(cs) Svatý Václav
Biografía
Nacementoc. 907
Bohemia Central, República Checa
Morte28 de setembro de 935 (Gregoriano) (27/28 anos)
Stará Boleslav, República Checa
Causa da mortehomicidio
Lugar de sepulturaCatedral de San Vito
5º Duque de Bohemia
13 de febreiro de 921 – 28 de setembro de 935
 Vratislau I de BohemiaBoleslau I de Bohemia 
Datos persoais
RelixiónCristianismo
Actividade
Ocupaciónmonarca
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa28 de setembro
Outro
TítuloDuque de Bohemia
FamiliaDinastía Premíslida
FillosZbraslav
PaisVratislau I de Bohemia   e Drahomíra
IrmánsBoleslau I de Bohemia
Spytihněv Přemyslovec

Thumb

Descrito pola fonteEnciclopedia de Otto
Allgemeine Deutsche Biographie
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
WikiTree: Přemyslovci-2
Pechar

Traxectoria

En 921, cando Venceslau contaba con 13 anos de idade, seu pai morreu, sendo el criado pola súa avoa, Santa Ludmila, baixo a influencia cristiá nun territorio aínda pagán no que o cristianismo tiña pouca difusión.

En 924 ou 925 Venceslau asumiu o goberno, apoiando a nova relixión e chamando a misioneiros de Alemaña. A defensa da nova relixión fíxolle loitar contra boa parte da nobreza, contraria ao catolicismo, entre eles súa nai Dramomira e seu irmán Boleslav. Logo de gañar o trono, con apenas 18 anos derrotou ao rebelde duque da Kouřim, chamado Radslav.

Foi el quen fundou a que actualmente é coñecida como Catedral de San Vito, no Castelo de Praga.

En setembro de 935, un grupo de nobres aliados co irmán máis novo de Venceslau,(Boleslaw I de Bohemia, alcumado o Cruel), descontentos con el, conspiraron para matalo. Deste xeito tres deles (Tira, Čsta e Hněvsa), no momento no que facía o camiño cara a igrexa, asasinárono. Foi con ese acto co que Boleslau asumiu o cargo de novo duque de Bohemia e seu irmán máis vello pasou a ser visto como mártir católico.

O corpo de San Venceslau foi sepultado en Praga, na Igrexa de San Vito.

Os devotos locais comezaron a veneración ao corpo e San Venceslau é hoxe patrón da República Checa, de Eslovaquia e de Bohemia.

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.