Vechtari de Friúl

From Wikipedia, the free encyclopedia

Vechtari (ou Wectari) (Vicenza, ? - 671?) foi un duque longobardo de Friúl, desde o 663 ao 671.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Vechtari de Friúl
Biografía
Nacementoséculo VII
Vicenza, Italia
Morte671 (Gregoriano)
Actividade
Ocupaciónaristócrata
Outro
TítuloDuque de Friúl (666–678)
Pechar

Traxectoria

Orixinario de Vicenza, "home probo, que exercía con dozura o goberno sobre o pobo" segundo Paulo Diácono, foi elevado ao trono de Cividale polo rei Grimoaldo no canto do duque rebelde Lupo, morto en batalla polos ávaros chamados polo mesmo rei. A súa ascensión foi precedida pola tentativa do fillo de Lupo, Arnefrido, de tomar en posesión do dominio paterno grazas ao apoio dos eslavos.

Atacado e morto polos friulanos Arnefrido e cercado Vechtari, os eslavos tentaron novamente ocupar o ducado, aproveitando unha viaxe do duque á capital do reino, Pavia. Os invasores proxectaban cercaren a capital do ducado, Cividale, co forte exército que reuniran e que tiñan acampado preto da cidade (en Broxas, na beira do río Natisone). Vechtari, porén, volvera a Cividale ("por divina disposición", escribe entón Paulo Diácono) a tarde anterior ao ataque. A maior parte do seu séquito xa volvera ás súas residencias, esparexidas por todo o territorio, así o duque resolveu marchar contra os eslavos con só vinte e cinco guerreiros. Os invasores burláronse de tan pequena tropa; pero cando Vechtari se quitou o helmo e se tornou recoñecíbel (grazaa á súa característica calvicie), os eslavos turbáronse, interpretando tamén ele sa súa súbita aparición como un sinal divino. Aterrorizados, déronse á fuga; na confusión que seguiu, Vechtari e os seus homes puideron cargar contra eles, matándoos en gran número.

Véxase tamén

Bibliografía

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.